martes, 31 de marzo de 2020

Ola amigos!! No día de hoxe deixámosvos esta ligazón para que vexades que a través de diferentes contos infantís pódense facer divertidas manualidades. Animarvos a realizar esta actividade en familia!!

https://www.editorialflamboyant.com/actualidad/propuestas-divertidas-para-hacer-con-los-peques-yomequedoencasa/


lunes, 30 de marzo de 2020

CLASIFICACIÓN XERAL: CAMIÑO DOS 5.000 PUNTOS

Completamos a primeira semana do proxecto "Xaque ao Virus". Unha primeira semana con 3 retos propostos aos escolares de 30 centros educativos da cidade e que fomentaron a participación das familias na sua consecución.
Despois desta primeira semana recibimos máis de 700 respostas en forma de fotos e vídeos. Esto supón pasar da barreira dos 4000 puntos en só 7 día. Puntos que se traducen en outros tantos Antivirus para a "loita virtual contra o Coronavirus".
A continuación presentamos os puntos obtidos por cada centro participante.

Reto 4: 30 de Marzo do 2020

MENTE EN FORMA: SOMOS CIENTÍFICOS !

Como xa dixemos no segundo reto, o noso mellor aliado contra o virus é o xabrón. Neste cuarto reto ímonos convertir en científicos (xa que o  están dando todo para descubrir a vacina  antivírica), e demostrar a simple vista como funciona o xabrón ante calquer virus.
Animámosvos a que levedes á práctica este  experimento.Serán necesarios os seguintes ingredientes:

- prato fondo
- pementa negra en pó
- xabrón
- auga

O que faremos será:
-Encher o prato de auga e esparcir a  pementa negra na superficie da auga.
-Meteremos o dedo na auga e veremos que sae manchado coa pementa.
-Despois faremos o mesmo pero cunha pinga de xabrón no noso dedo.

¿Que diferencia hai? ¿Que ocorre?

A continuación deixámosvos un enlace, para que podades seguir os pasos e vexades a explicación deste experimento.

https://youtu.be/RP2at9mEkv0



CORPO EN FORMA: VIRUS/ANTIVIRUS

Para esta parte do reto, temos  que estar preparados para pasalo moi ben en familia, pois tratase de xogar o virus/antivirus, unha variante do pilla. Un serán os virus e outro o antivirus, este ten que tratar de pillar os virus e "acabar con eles". Unha vez atrapes o  virus podes volver a empezar.






sábado, 28 de marzo de 2020




Unha boa maneira de evadirse e pasalo ben nestes días de confinamento na casa é a lectura.
Recomendamos o libro “Escaquis e Romeu” de Antonio Manuel Fraga.

Neste libro marabilloso cóntase a historia de Romeu, un vello barbeiro moi inocente, cunha vida moi tranquila. Mais unha noite de treboada Escaquis apareceu misteriosamente para pór patas arriba a existencia do noso amigo. Esta estraña nena contaba cun poder moi especial: era quen de abrir portas a otras realidades! Romeu e mas os seus amigos tentarán descubrir a súa orixe para axudarlle a retornar ao seu mundo.


Animádevos a entrar neste fantástico mundo!



Compartimos unha ligazón con máis recomendacións de lectura: http://www.galix.org/



viernes, 27 de marzo de 2020

RETO 3: 27 de MARZO DO 2020

MENTE EN FORMA: "ERES O QUE COMES"

Agora que estamos na casa e que non temos todo o trafego do día a día, é importante coidarnos para vencer ao virus e saír fortalecidos disto. Ademáis como sabedes o virus non afecta tanto a xente que estea sa e forte como sí a aqueles algo débiles e pachuchos.

Unha das cousas que nos axuda a manternos sans é a alimentación e é importante coñecer como debemos alimentarnos ben. O reto de hoxe será que debuxes unha pirámide alimentaria, con axuda das vosas familias informarédesvos e posteriormente debuxaredes aqueles alimentos máis saudables e que necesitamos en maior medida para levar unha dieta equilibrada e así medrar e desenvolvernos  correctamente.

Se eres o que comes, de que che gustaría estar feito?


CORPO EN FORMA: "DEMOSTRA AS TÚAS HABILIDADES"

Para que o virus non chegue á túa casa vas ter que estar preparado física e mentalmente.
Parte xa o cumprimos coa primeira parte do reto pero tamén necesitarás traballar as túas habilidades  motrices para estar adestrado e esquivar calquer ofensiva.

Este reto consistirá en montar un circuito na casa para traballar as habilidades motrices básicas. A túa familia axudarache a atopar todo aquilo que che sirva de obstáculo para adestrar. Un exemplo pode ser unha escaleira de coordinación feita con zapatos, unha mesa para pasar por baixo, unha cadeira para subir por riba e algunhas botellas para facer  zigzag. Se tes unha pelota lanzarala a un obxectivo calquera (tamén valen pelotas de papel á parede por exemplo). Non te esquezas que podes debuxar tamén un bicho ben feo ao que dirixir os teus lanzamentos na parede.

Aquí tendes un exemplo de circuito para que collades algunha idea: https://www.youtube.com/watch?v=Gn7k_xNXYBc&feature=youtu.be

Repíteo unhas cantas veces.

ÁNIMO, TI PODES!!

LEMBRA: Acórdate de enviar a túa foto ou video a fapasraquelcamacho@gmail.com
foto= 1 punto video= 10 puntos
Se estás interesado en que se publique  a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización da imaxe na seguinte ligazón:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

jueves, 26 de marzo de 2020

Respostas RETO 1

PARABÉNS Raquel Camacho !!!

Estas son algunhas respostas que fomos recibido:




 
 
 

Gracias aos vosos esforzos e aos vosos videos que tamén recibimos con moito amor, conseguimos 43 antivirus para o noso centro, podedes ver as puntuacións de todos os centros participantes no apartado CLASIFICACIÓN do blog.
Non olvidades facer o RETO 2  do blog ou seguir contestando o RETO 1, esperamos os vosos videos ou fotos. 
SI SE PODE ! SI SE PODE! VOS PODEDES!
Recordade: de enviar a túa foto ou video a fapasraquelcamacho@gmail.com
foto= 1 punto video= 10 puntos
Se estás interesado en que se publique  a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización da imaxe na seguinte ligazón: 

https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


Deixámosvos algunha actividade que pode ser do voso interes para que poidan realizar os nenos na casa nestes días de corentena: Cómo fácer pinta natural con iogur?
                                          https://www.youtube.com/watch?v=xR9eFDC1cZ0
 

miércoles, 25 de marzo de 2020

RETO 2: 25 de Marzo do 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "Faite un rap!!"

Como xa sabemos é moi importante que nos lavemos as mans, aínda máis nestes días, xa que para gañar ao virus a mellor ferramenta é o xabrón. Imos tentar que todos e todas implantemos  esta costume na nosa rutina diaria.



Demostra as túas habilidades artísticas e musicais e inventa un rap de como hai que lavarse as mans para derrotar o virus!!!


Vamos!!! Vós podedes!!!

Aquí tendes un exemplo de canción: https://www.youtube.com/watch?v=qmexo6Kt8zw




PROBA CORPO EN FORMA: "Móvete o ritmo do rap!!"

Para levar a cabo esta segunda parte do reto, temos que poñer a exercitar o corpo e así nos sentiremos mellor.

Neste caso para acompañar o magnífico rap que fixestes, demostrade as vosas habilidades físicas e creade un baile ao ritmo da música!!

É moi divertido!!

LEMBRA: Acórdate de enviar a túa foto ou video a fapasraquelcamacho@gmail.com
foto= 1 punto video= 10 puntos
Se estás interesado en que se publique  a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización da imaxe na seguinte ligazón:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9






lunes, 23 de marzo de 2020

RETO 1: 23 de Marzo del 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"

Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida porque nos axudará a gañar moitas batallas e como non, esta non será menos. Pois empecemos por facer noso este lema e sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita,  fagámolo vivible con algo que resulta obrigatorio para todos, nestes días e que nos une e fai fortes.



O reto consiste en facer visible o lema, # QuedateEnCasa ,en debuxos, carteis, pintura na cara ou da maneira que se vos ocorra.

Atréveste?? Fácil non?? !!!!!

POIS ADIANTE...


















PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores"


Para manterse en forma hai que exercitarse en casa. propoñémosche facer 6 exercicios sinxelos para comezar ben o día: 

         

 


 
Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse no bico dos pés. Repetir 10 veces.
Exercicio 2: De pé e coa mans na cintura virar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos.
Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.
Exercicio 5: De pé e coas mans na cintura virar a cabeza á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
Exercicio 6: De pé realizaremos unha postura de equilibrio, xuntaremos as mans á altura do peito e levantaremos unha perna colocando o pé na coxa da outra perna, manterémonos quietos e inmóbiles durante 5 segundos.


 

Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".
https://www.youtube.com/watch?v=Z6VsBhH8MF0
 
 
 
 

Mostrámosvos un exemplo de como realizalo, esta ligazón é un exemplo, os exercicios para realizar son os de arriba pero estamos a abertos a saber do que sodes capaces:  https://www.youtube.com/watch?v=Z6VsBhH8MF0&t=67s

domingo, 22 de marzo de 2020

XAQUE AO VIRUS



Este xogo online preséntase como unha alternativa á realización dos Programas de Lecer, #ante a realidade que estamos a vivir coa propagación do virus Covid-19 e que, como consecuencia e medida de prevención e propagación, o Estado decretou a permanencia en domicilios durante 1 mes, do 12 de Marzo ao 12 de Abril .

 Trátase dun sistema telemático no que se expón a participación online dos nenos e nenas inscritos no Programa de Lecer (Deporte no Centro, Lecer Educativo, Luditarde e Listen and Speak) nun xogo virtual que leva por título: Xaque Mate ao virus. O obxectivo é facilitar ferramentas de lecer alternativas, colaborando na tarefa de educar e ocupar máis que nunca ese espazo temporal forzoso para os nenos e nenas, achegando o noso granito de area.

 
O Xogo consiste é un taboleiro virtual no que contén 19 retos a superar relacionado con diferentes contidos ou áreas que se abordan nas actividades extraescolares, desde a ciencia, as matemáticas, a investigación, a música, o movemento ata os valores como a solidariedade, a responsabilidade e o ben común tan necesarios e importantes nestes momentos que estamos a vivir.
 
A presentación dun novo reto farase cada día no seguinte blogue:
(cada un o do seu cole. Por exemplo fapasraquelcamacho. blogspot. com)
Se ese reto supérase entre todos o neno e nenas deste cole, concédense unha serie de puntos ou antivirus necesarios para derrotar ao coronavirus e vaise avanzando. A clasificación do xogo coas puntuacións por centro, poñerase unha vez presentados os retos.   



¡ATRÉSVETE!