domingo, 22 de marzo de 2020

XAQUE AO VIRUS



Este xogo online preséntase como unha alternativa á realización dos Programas de Lecer, #ante a realidade que estamos a vivir coa propagación do virus Covid-19 e que, como consecuencia e medida de prevención e propagación, o Estado decretou a permanencia en domicilios durante 1 mes, do 12 de Marzo ao 12 de Abril .

 Trátase dun sistema telemático no que se expón a participación online dos nenos e nenas inscritos no Programa de Lecer (Deporte no Centro, Lecer Educativo, Luditarde e Listen and Speak) nun xogo virtual que leva por título: Xaque Mate ao virus. O obxectivo é facilitar ferramentas de lecer alternativas, colaborando na tarefa de educar e ocupar máis que nunca ese espazo temporal forzoso para os nenos e nenas, achegando o noso granito de area.

 
O Xogo consiste é un taboleiro virtual no que contén 19 retos a superar relacionado con diferentes contidos ou áreas que se abordan nas actividades extraescolares, desde a ciencia, as matemáticas, a investigación, a música, o movemento ata os valores como a solidariedade, a responsabilidade e o ben común tan necesarios e importantes nestes momentos que estamos a vivir.
 
A presentación dun novo reto farase cada día no seguinte blogue:
(cada un o do seu cole. Por exemplo fapasraquelcamacho. blogspot. com)
Se ese reto supérase entre todos o neno e nenas deste cole, concédense unha serie de puntos ou antivirus necesarios para derrotar ao coronavirus e vaise avanzando. A clasificación do xogo coas puntuacións por centro, poñerase unha vez presentados os retos.   



¡ATRÉSVETE!