lunes, 23 de marzo de 2020

RETO 1: 23 de Marzo del 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"

Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida porque nos axudará a gañar moitas batallas e como non, esta non será menos. Pois empecemos por facer noso este lema e sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita,  fagámolo vivible con algo que resulta obrigatorio para todos, nestes días e que nos une e fai fortes.



O reto consiste en facer visible o lema, # QuedateEnCasa ,en debuxos, carteis, pintura na cara ou da maneira que se vos ocorra.

Atréveste?? Fácil non?? !!!!!

POIS ADIANTE...


















PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores"


Para manterse en forma hai que exercitarse en casa. propoñémosche facer 6 exercicios sinxelos para comezar ben o día: 

         

 


 
Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse no bico dos pés. Repetir 10 veces.
Exercicio 2: De pé e coa mans na cintura virar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos.
Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.
Exercicio 5: De pé e coas mans na cintura virar a cabeza á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
Exercicio 6: De pé realizaremos unha postura de equilibrio, xuntaremos as mans á altura do peito e levantaremos unha perna colocando o pé na coxa da outra perna, manterémonos quietos e inmóbiles durante 5 segundos.


 

Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".
https://www.youtube.com/watch?v=Z6VsBhH8MF0
 
 
 
 

Mostrámosvos un exemplo de como realizalo, esta ligazón é un exemplo, os exercicios para realizar son os de arriba pero estamos a abertos a saber do que sodes capaces:  https://www.youtube.com/watch?v=Z6VsBhH8MF0&t=67s