MENTE EN FORMA: SOMOS CIENTÍFICOS !
Como xa dixemos no segundo reto, o noso mellor aliado contra o virus é o xabrón. Neste cuarto reto ímonos convertir en científicos (xa que o están dando todo para descubrir a vacina antivírica), e demostrar a simple vista como funciona o xabrón ante calquer virus.
Animámosvos a que levedes á práctica este experimento.Serán necesarios os seguintes ingredientes:
- prato fondo
- pementa negra en pó
- xabrón
- auga
O que faremos será:
-Encher o prato de auga e esparcir a pementa negra na superficie da auga.
-Meteremos o dedo na auga e veremos que sae manchado coa pementa.
-Despois faremos o mesmo pero cunha pinga de xabrón no noso dedo.
¿Que diferencia hai? ¿Que ocorre?
A continuación deixámosvos un enlace, para que podades seguir os pasos e vexades a explicación deste experimento.
https://youtu.be/RP2at9mEkv0
CORPO EN FORMA: VIRUS/ANTIVIRUS
Para esta parte do reto, temos que estar preparados para pasalo moi ben en familia, pois tratase de xogar o virus/antivirus, unha variante do pilla. Un serán os virus e outro o antivirus, este ten que tratar de pillar os virus e "acabar con eles". Unha vez atrapes o virus podes volver a empezar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario