1ª RECOMENDACIÓN
En
1916 naceu o escritor galésRoald Dahl,
coñecido por ser o autor de libros tan importantes como Matilda,
Charlie e a fábrica de chocolate, As bruxas ou James e o pexego
xigante.
Roald Dahl
tivo unha vida apaixonante, con 18 anos fíxose explorador, loitou na
segunda guerra mundial, sendo piloto, e sobreviviu a un accidente de
avión na devandita guerra. Empezou a escribir sendo moi novo, e
grazas aos seus libros marabillosos podemos transportarnos a unha
incrible fábrica de chocolate, á mente prodixiosa de Matilda ou
a un congreso mundial de bruxas do mundo.
Nada
mellor que celebrar o día do libro que aventurándose en calquera
dos libros xa mencionados, porque como dixo Emily Dickindon “para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro”.
2ª RECOMENDACIÓN
Para seguir celebrando o día do libro, a continuación deixovos un video cunha pequena lectura dun dos contos favoritos do meu cativo. Cada vez que o lemos disfruta moitisimo. Espero que a vos tamen vos guste. O contó chamase "Árbores no camiño" de Regine Raymond García e Vanina Stark off.
3ª RECOMENDACIÓN
Como hoxe é o día das letras galegas imos deixar unha manualidade moi divertida fácil e entretida para os vosos libros. É un marcapáxinas origami que se pode facer seguindo uns pasos moi sinxelos. Os materiais que imos usar son os seguintes:
Un cacho de papel de 14 cm de ancho por 21 cm de longo.
1 pegamento
1 rotulador
Para visualizar como se fan estes marcapáxinas origami pinta na imaxe:
Estes son os meus marcapáxinas origami que realicei , vos animais??,
Espero que nos mostredes os vosos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario