viernes, 24 de abril de 2020

RETO 15: 24 DE ABRIL DO 2020

MENTE EN FORMA: PARA QUE NON SE NOS VAIA A PINZA!!

No día de hoxe preséntovos unha manualidade moi chula. Seguro que todos en casa axudades a tender a roupa e polo tanto teredes pinzas. Pois iso é o que necesitaredes para a manualidade, o resto déixoo nas vosas mans. Aquí como vedes póñovos un exemplo no que se usan para facer animais pero podedes escoller calquera cousa e utilizar distintos tipos de materiais (papel, cores, pegamento, fío, etc). Tamén podedes buscarlle outro tipo de utilidade cando a teñades rematada (clip para suxeitar papeis, para pechar bolsas, se lle poñedes un imán servirán de adorno para colgar na túa neveira...). Espero que vos guste!!




CORPO EN FORMA: POÑEMOS Ó VIRUS A RAIA? 


Para o seguinte reto necesitamos 6 camisetas (3 de cada cor), varios obxectos que teñades para facer o campo e a escaleira. E o máis importante, necesitaredes un axudante.
Apetécevos xogar ao 3 en raia? Non seguinte vídeo móstrovolo. Quen gañará?











ÁNIMO, TI PODES!! Esperamos os teus videos.

LEMBRA: Acórdate de enviar a túa foto ou video a fapasraquelcamacho@gmail.com
foto= 1 punto video= 10 puntos
Se estás interesado en que se publique  a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización da imaxe na seguinte ligazón:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

No hay comentarios:

Publicar un comentario