Esta manualidade é perfecta para facer cos nenos máis pequenos e ensinarlles as estacións. A base é unha árbore que cambiará a follaxe segundo o período do ano que sexa.
Material:
•1 cartolina
•Papel de estraza
•Papel distintos colorees
que teñamos pola casa
•Pegamento
Pasos:
1.Colle o papel que teñas e enrolalo sobre si mesmo facendo pequenas ramas, pódese usar cartón ou mesmo o cartón dos rolos de papel hixénico.
2.Pon unhas sobre outras para crear o tronco da árbore. Coloca separadas na parte superior para dar forma ás ramas.
3.Pega a árbore do papel sobre unha cartolina.
4.Utiliza papeles de cores para facer follas e flores da tonalidade que corresponda a cada unha das estacións do ano. Podes facer follas en tons amarelos, laranxas e marróns para o outono, flocos de papel branco para o inverno, follas verde claro con flores na primavera ou utilizar papel verde máis escuro para o verán.
5.Usa pegamento para pegalas sobre a túa árbore.
Estaremos esperando a vósas árbores !!!!!
Corpo en Forma: 2 voltas ao corredor con cada animal
O pingüín: andaremos como un pingüín cos pés xuntos polo corredor, debemos xuntar os talóns e tentar andar separándoos o menos posible.
O elefante: estiramos un brazo diante da cara, pasamos o outro brazo por baixo do estirado e dobramos o cóbado para tentar collernos o nariz, dese xeito o brazo estirado queda suxeito co outro brazo e utilizarémolo de trompa.
O tigre: andamos a gatiñas mentres ruximos.
O canguro: damos saltos fortes coas dúas pernas.
A ranita: damos saltitos pequenos cos pés xuntos.
Lembra: 1 punto foto , 10 puntos video !!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario