miércoles, 15 de abril de 2020

RETO 11: 15 DE ABRIL DO 2020

MENTE EN FORMA: POR QUÉ NON COMER RICO PERO SAUDABLE?

Anteriormente propuxémosvos que cociñarades unhas crepes riquísimas. Hoxe queremos propoñervos outro postre un pouco especial. Cantas veces asociamos comer san a non poder comer cousas ricas? Nada máis lonxe da realidade.
Hoxe traémosvos unhas galletas de avea moi ricas para vós e a vosa familia, que vos dará enerxía para realizar eses retos de corpo en forma. Que aproveite!! Na seguinte ligazón tedes a receita paso a paso:
https://www.youtube.com/watch?v=cXkeehrWuY0


CORPO EN FORMA: "COMO VAMOS DE EQUILIBRIO?"


Para o seguinte reto necesitamos 6 rolos de papel hixiénico para facer un xogo moi divertido. No seguinte vídeo móstrocho. Conseguirédelo? Ánimo Campións/as.









ÁNIMO, TI PODES!! Esperamos os teus videos.

LEMBRA: Acórdate de enviar a túa foto ou video a fapasraquelcamacho@gmail.com
foto= 1 punto video= 10 puntos
Se estás interesado en que se publique  a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización da imaxe na seguinte ligazón:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

No hay comentarios:

Publicar un comentario