lunes, 6 de abril de 2020

RETO 7: 6 DE ABRIL DE 2020

MENTE EN FORMA: "MEMORIA EN FORMA"

Nun dos retos anteriores propuxémosvos que debuxárades ao coronavirus e fixéstelo moi ben por iso agora queremos que debuxedes non só un coronavirus, se non varios...en forma de bicho feo e calquera cousa que creades que serve como antivirus para combatelo. Pero iso sí, debedes facer dous debuxos iguais de cada un porque nos vai servir para xogar a un xogo. O xogo chámase "Memory"!! E no vídeo de explico como se xoga. Quen gañará?



CORPO EN FORMA: "O ADESTRAMENTO D@S GAÑADORES/AS"


Este reto está composto por tres xogos diferentes, para os cales ides necesitar: 1- Unha sudadeira: Serás capaz de poñela desta forma tan peculiar? 2- Dous paus (eu usei o da escoba e o da fregona) e algunhas pelotas: Canto de habilidoso cres que es? 3-De novo pelotas (se pode ser de tenis) e dous conos, rolos de papel, sudadeiras...o que sexa para formar unha portería: Apetéceche xogar un partido? Mira o vídeo e móstrocho.




ÁNIMO, TI PODES!! Esperamos os teus videos.

LEMBRA: Acórdate de enviar a túa foto ou video a fapasraquelcamacho@gmail.com
foto= 1 punto video= 10 puntos
Se estás interesado en que se publique  a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización da imaxe na seguinte ligazón:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

No hay comentarios:

Publicar un comentario