Ola familias,
Como xa comprobariades, onte foi un día moi moi especial, pois puidemos saír a pasear a rúa durante unha hora, despois de 40 días aproximadamente, encerrados na casa. Esperamos que disfrutarádes moitisimo. No día de hoxe podedes volver a saír, pero para que non so paseedes, vos propoñemos os seguintes retos:
Mente en forma: Veo veo - as diferenzas
Corpo en forma: Equilibrios na rúa
Durante o paseo e para ir entretidos, podemos xogar a facer equilibrios, por exemplo:
- Podemos dar o paseo segindo unha línea e sen saírnos dunha corda invisible.
- Camiñar pola rúa sen pisar as líneas das aceras ou sen pisar as líneas brancas dos pasos de peóns.
- "O Chan é lava" cando o adulto que nos acompaña diga esta frase, deberemos buscar un sitio non moi elevado, dar un chimpo e subir ata el, ou buscar unha alcantarilla e poñernos enriba. Recordade qué é importante non tocar nada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario