Para poder levar todos estos días dunha maneira máis relaxada, pois estar na casa pechados, sen poder salir a rúa, pode ser moi estresante propoñemos para este Reto número 8 o seguinte:
MENTE EN FORMA: Papiroflexia/origami
Esta é unha técnica xaponesa que reduce o estrés, potencia a memoria... Vos propoñemos que fagades algo moi sinxelo como é un avión coas vosas familias co que despois podades facer carreras de voo. A continuación deixovos un video no que ensino como facer un barquiño de origami:
Tamén deixo un enlace dunha paxina web onde poder facer otras figuriñas de origami.
https://comohacerorigami.net/
CORPO EN FORMA: Ioga animal
Para seguir relaxándonos, retamos a qué todas as noites antes de durmir fagades o seguinte exercicio, trátase de realizar distintas posturas de Ioga imitando a distintos animáis o que nos axudará a relaxarnos, durmir mellor e sentirnos mellor físicamente. A continuación deixo algúns enlaces para que poidades llévalas a cabo. Disfrutade moito con elas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario