martes, 14 de abril de 2020

Días Internacionais

Boas familias, 

No día de hoxe queremos que respondades a seguinte cuestión,¿Que teñen en común o beso e a astronomía? Tic... Tac... Tic... Tac....

       

¿Xa o sabedes?... Non....Pois teñen e común o día internacional. Onte foi o día deles: o 13 de abril. Do beso sabemos moito, pois besos damos todos os días, pero a astronomía é unha ciencia da que todavia sabemos moi pouco. Por iso vos invitamos a ver o seguinte documental de Carl Sagan: COSMOS. Aquí deixamos o enlace para o primeiro episodio. 


Nel descubriredes o asombroso mundo do Universo e a Astronomía. Esperamos que vos guste e que sigades vendo os seguintes episodios. 

Ademáis tamen vos retamos a qué descubrades como dar outro tipo de besos: beso de mariposa, beso de esquimal... 

Ánimo familias, xa queda un día menos. 
             

No hay comentarios:

Publicar un comentario