Reto mente en forma: Adiviña adiviña
Ola familia
Hoxe teredes que demostrar a rapidez mental que tedes.
Propoñémosvos unha serie de adiviñas moi fáciles!!
Podedes deixar a resposta nos comentarios do blogue. Adiante!!
- Unha cousa para quen sempre chove e sempre está mollada
-Levo a miña casa ao ombreiro, camiño sen unha pata e vou deixando a miña pegada, cun hiliño de prata. Quen son?
-Teño agullas pero non sei coser, teño números pero non sei ler, as horas douche, Sabes quen son?
-Cabeza de ferro, corpo de madeira, se che piso un dedo, miúdo berro pegas! Que é?
-A miña picadura é daniña, o meu corpo insignificante, pero o néctar que eu dou, comédesvolo ao instante. Que é?
Reto copo en forma: Pisando sombras
Estes días que fai tan bo propoñémosvos un xogo para que fagades coa persoa que baixa convosco a dar o paseo....
Busca a túa sombra ou busca a sombra do teu acompañante. Quen pisa primeiro a sombra da outra persoa?
Gozar do bo tempo!!!
Grazas amigos do Raquel Camacho
No hay comentarios:
Publicar un comentario