viernes, 15 de mayo de 2020

RETO 24: 15 DE MAIO DO 2020

MENTE EN FORMA: A VOAR!!

No reto de hoxe ímosvos a explicar como facer un avión de papel. Apetécevos?

Ante de comezar necesitaredes os seguintes materiais:

1- Folla de papel 2- Rotuladores para pintalo. 3- Calquera cousa que se che ocorra para decoralo

Seguide os pasos que marca o vídeo e conseguirédelo seguro. Ti podes!!




CORPO EN FORMA: APETÉCEVOS BOTAR UNS BAILES?

Para o reto de hoxe só necesitamos moitas ganas de pasalo ben.

No seguinte vídeo móstrovos unha coreografía, a ver que tal vos sae. Ánimo!







LEMBRA: Acórdate de enviar a túa foto ou video a fapasraquelcamacho@gmail.com
foto= 1 punto video= 10 puntos
Se estás interesado en que se publique  a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización da imaxe na seguinte ligazón:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

No hay comentarios:

Publicar un comentario