Seguro que todos/ as xogastes moitas veces ao parchís coa vosa familia ou amigos pero hoxe traémosvos unha nova versión coa que estamos convecidas de que volo pasaredes xenial.Trátase dunha nova versión chamada parchís da expresión corporal.
A expresión corporal é básico para comunicarnos sen palabras. Ás veces os xestos ou movementos das mans ou os brazos indicar pensamentos ou emocións maiores que as das palabras.
A continuación póñovos unha foto do parchís, pero ollo, o obxectivo do reto é que sexades vós mesmos quen o debuxedes.
Agora sí, unha vez o teñades debuxado tedes que escoller a alguén para que xogue convosco e dar renda solta ao corpo con todas estas probas.
A continuación deixovos unha imaxe onde vos indico o que tendes que facer en cada casilla.
Seguro que vos vai encantar. Ánimo!
foto= 1 punto video= 10 puntos
Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización da imaxe na seguinte ligazón:
https://forms.gle/
No hay comentarios:
Publicar un comentario