miércoles, 13 de mayo de 2020

RETO 23: 13 DE MAIO 2020

Reto mente e corpo en forma: O ratonciño dous en un. 

Ola nenas e nenos do Raquel Camacho. O reto de hoxe é moi sinxelo. En primeiro lugar teremos que facernos cunha Caixa de cartón e debuxar nela un ratonciño, e recortar o nariz (sempre coa axuda dun adulto). Como na seguinte foto:


O seguinte que temos que facer é poñernos a xogar, intentando encestar unha boliña de papel, pelotiña ou outro obxecto redondo (que previamente faremos ou buscaremos) no nariz do ratonciño. Esto o faremos con moita concentración e equilibrio pois non e tan doado e teremos que poñer todos os nosos sentidos a funcionar. No seguinte video poderemos ver cómo se fai. 




Se xa o tendes controlado, aumentaremos a dificultad, añadindo máis pelotiña e facendoo de outro modo, aquí algunhas propostas:

- a pata quebrada.
- cun libro na cabeza. 
- Camiñando pola casa. 
- Outras formas que se vos ocorran. 

DISFRUTADE DO XOGO

No hay comentarios:

Publicar un comentario