lunes, 25 de mayo de 2020

RETO Nº 28: 25 DE MAIO DO 2020

Mente en forma: Os 5 sentidos

Nenos e nenas, xa que agora podemos saír máis a rúa podemos xuntarnos con máis xente e outras moitas cousas, temos que ter moitisimo coidadiño para non enfermar co Coronavirus, seguindo as pautas que sempre nos marcaron. Pero ademáis, para este reto, propoñémosvos os seguinte xogo: reforzar e agudizar os nosos sentidos para estar sempre alerta e evitar así o contaxio. Como o imos facer? temos que tapar os ollos cunha venda e a continuación intentar adiviñar cos nosos sentidos as cousas que nos poñen diante, por exemplo:

Sentido do olfato: usando o noso nariz teremos que adiviñar o que estamos a oler. 
Sentido do tacto: usando as nosas mans teremos que adiviñar o que estamos a tocar. 
Sentido do oido: usando as nosas orellas teremos que adiviñar que estamos a escoitar, algo que caia o chan por exemplo. 
Sentido do gusto: usando a nosa boca teremos que adiviñar que estamos  saborear. 
Sentido da vista: este o podemos facer claramente sen a venda. E usando os nosos ollos, teremos que ver o obxecto que falta. Para elo darannos unha lista con diferentes obxetos, e ademáis unhas tarxetas cos debuxos desa lista. De cada vez irá faltando unha tarxeta e teremos que adiviñar de cal se trata. 

Corpo en forma: As agachadas dos animáis.


Para o corpo en forma de hoxe podemos xogar as agachadas dos animáis, no que tamén teremos que ter alerta os nosos sentidos. Podemos xogar nun espacio cerrado como na casa ou o aire libre onde haxa espacios onde agocharse. É moi sinxelo, e moi parecido o agocho tradicional, salvo que, quen se agocha ten escoller un animal e facelo son correspondente. 
O xogo comeza como o outro, contando ata 50 unha persoa, mentres os demais se agochan. Cando se termina de contar, a persoa vai buscar os agochados seguindo o son que fan cada un dos animáis. Cando atopa un animal ten que sair correndo a panda para dicir o seu nome. Se o "animal" chega antes, sálvase . Se houbese máis animáis na panda, salvaría a todos diciendo "por min e por todos“ e volvería comenzar o xogo. Se o que panda consegue atopar a todos" os animáis" polos sons remata o xogo.
É un xogo súper divertido, así que Animadevos, Agora que xa nos podemos xuntar con máis xente podemos xogar todos, cantos máis mellor. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario