viernes, 27 de marzo de 2020

RETO 3: 27 de MARZO DO 2020

MENTE EN FORMA: "ERES O QUE COMES"

Agora que estamos na casa e que non temos todo o trafego do día a día, é importante coidarnos para vencer ao virus e saír fortalecidos disto. Ademáis como sabedes o virus non afecta tanto a xente que estea sa e forte como sí a aqueles algo débiles e pachuchos.

Unha das cousas que nos axuda a manternos sans é a alimentación e é importante coñecer como debemos alimentarnos ben. O reto de hoxe será que debuxes unha pirámide alimentaria, con axuda das vosas familias informarédesvos e posteriormente debuxaredes aqueles alimentos máis saudables e que necesitamos en maior medida para levar unha dieta equilibrada e así medrar e desenvolvernos  correctamente.

Se eres o que comes, de que che gustaría estar feito?


CORPO EN FORMA: "DEMOSTRA AS TÚAS HABILIDADES"

Para que o virus non chegue á túa casa vas ter que estar preparado física e mentalmente.
Parte xa o cumprimos coa primeira parte do reto pero tamén necesitarás traballar as túas habilidades  motrices para estar adestrado e esquivar calquer ofensiva.

Este reto consistirá en montar un circuito na casa para traballar as habilidades motrices básicas. A túa familia axudarache a atopar todo aquilo que che sirva de obstáculo para adestrar. Un exemplo pode ser unha escaleira de coordinación feita con zapatos, unha mesa para pasar por baixo, unha cadeira para subir por riba e algunhas botellas para facer  zigzag. Se tes unha pelota lanzarala a un obxectivo calquera (tamén valen pelotas de papel á parede por exemplo). Non te esquezas que podes debuxar tamén un bicho ben feo ao que dirixir os teus lanzamentos na parede.

Aquí tendes un exemplo de circuito para que collades algunha idea: https://www.youtube.com/watch?v=Gn7k_xNXYBc&feature=youtu.be

Repíteo unhas cantas veces.

ÁNIMO, TI PODES!!

LEMBRA: Acórdate de enviar a túa foto ou video a fapasraquelcamacho@gmail.com
foto= 1 punto video= 10 puntos
Se estás interesado en que se publique  a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización da imaxe na seguinte ligazón:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

No hay comentarios:

Publicar un comentario