miércoles, 27 de mayo de 2020

RETO 28 : ÚLTIMO RETO , NOS VAMOS !!

Nos imos!!! Este xogo de xaque oa virus finaliza hoxe e queremos agredeceros toda a participación e apoio que recibimos por parte de todos os participantes.
Grazas a eles recibimos a 420  antivirus e volvemos darvos as grazas por estes puntos, fixéstelo xenial e estamos moi orgullos@as

 
Pero quedan os últimos retos e este é o último animámosvos a que nos enviedes unha foto ou vídeo de despedida para pechar e finalizar este blogue, non faría moi felicices poder recibir unha boa despedida e un par de besitos que nosotr@ s tamén vos mandamos.
 
 
Pero esto non fica aquí nosoutros nos vamos pero esto NON ACABA !!! Vos deixamos OS CAMPAMENTOS DO VERAN propostos polo concello de A Coruña:
 
 
 
Con Cilia no cole: O programa de conciliación no verán da Federación de ANPAS para que vos divirtades e por favor seguide con nos
 
 
 

lunes, 25 de mayo de 2020

RETO Nº 28: 25 DE MAIO DO 2020

Mente en forma: Os 5 sentidos

Nenos e nenas, xa que agora podemos saír máis a rúa podemos xuntarnos con máis xente e outras moitas cousas, temos que ter moitisimo coidadiño para non enfermar co Coronavirus, seguindo as pautas que sempre nos marcaron. Pero ademáis, para este reto, propoñémosvos os seguinte xogo: reforzar e agudizar os nosos sentidos para estar sempre alerta e evitar así o contaxio. Como o imos facer? temos que tapar os ollos cunha venda e a continuación intentar adiviñar cos nosos sentidos as cousas que nos poñen diante, por exemplo:

Sentido do olfato: usando o noso nariz teremos que adiviñar o que estamos a oler. 
Sentido do tacto: usando as nosas mans teremos que adiviñar o que estamos a tocar. 
Sentido do oido: usando as nosas orellas teremos que adiviñar que estamos a escoitar, algo que caia o chan por exemplo. 
Sentido do gusto: usando a nosa boca teremos que adiviñar que estamos  saborear. 
Sentido da vista: este o podemos facer claramente sen a venda. E usando os nosos ollos, teremos que ver o obxecto que falta. Para elo darannos unha lista con diferentes obxetos, e ademáis unhas tarxetas cos debuxos desa lista. De cada vez irá faltando unha tarxeta e teremos que adiviñar de cal se trata. 

Corpo en forma: As agachadas dos animáis.


Para o corpo en forma de hoxe podemos xogar as agachadas dos animáis, no que tamén teremos que ter alerta os nosos sentidos. Podemos xogar nun espacio cerrado como na casa ou o aire libre onde haxa espacios onde agocharse. É moi sinxelo, e moi parecido o agocho tradicional, salvo que, quen se agocha ten escoller un animal e facelo son correspondente. 
O xogo comeza como o outro, contando ata 50 unha persoa, mentres os demais se agochan. Cando se termina de contar, a persoa vai buscar os agochados seguindo o son que fan cada un dos animáis. Cando atopa un animal ten que sair correndo a panda para dicir o seu nome. Se o "animal" chega antes, sálvase . Se houbese máis animáis na panda, salvaría a todos diciendo "por min e por todos“ e volvería comenzar o xogo. Se o que panda consegue atopar a todos" os animáis" polos sons remata o xogo.
É un xogo súper divertido, así que Animadevos, Agora que xa nos podemos xuntar con máis xente podemos xogar todos, cantos máis mellor. 

domingo, 24 de mayo de 2020

REENCONTRO ÚLTIMO Nº7

Boas familias, 

O próximo día Martes 26 de MAIO, as 17:00 H. terá lugar o último Reencontro, o Nº 7 antes de que remate esta aventura que comenzamos no mes de Marzo para facer frente o Corona virus. Esperamos que participedes Neste día con nos e pasemos coma sempre un ratiño pequeno pero moi agradable. Esperamosvos en ZOOM


viernes, 22 de mayo de 2020

22 DE MAYO DE 2020

MENTE EN FORMA: APETECECHE DEBUXAR?

Seguro que todos/ as xogastes moitas veces ao parchís coa vosa familia ou amigos pero hoxe traémosvos unha nova versión coa que estamos convecidas de que volo pasaredes xenial.Trátase dunha nova versión chamada parchís da expresión corporal.

A expresión corporal é básico para comunicarnos sen palabras. Ás veces os xestos ou movementos das mans ou os brazos indicar pensamentos ou emocións maiores que as das palabras.

A continuación póñovos unha foto do parchís, pero ollo, o obxectivo do reto é que sexades vós mesmos quen o debuxedes.




CORPO EN FORMA: XOGAMOS AO PARCHÍS?


Agora sí, unha vez o teñades debuxado tedes que escoller a alguén para que xogue convosco e dar renda solta ao corpo con todas estas probas.

A continuación deixovos unha imaxe onde vos indico o que tendes que facer en cada casilla.


Seguro que vos vai encantar. Ánimo!

LEMBRA: Acórdate de enviar a túa foto ou video a fapasraquelcamacho@gmail.com
foto= 1 punto video= 10 puntos
Se estás interesado en que se publique  a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización da imaxe na seguinte ligazón:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

jueves, 21 de mayo de 2020

XOGO EN CASA: ÚLTIMA SEMANA, ÚLTIMAS CLASES!!!

CONTINUAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE.
MOITAS GRAZAS POLA BOA ACOLLIDA DESTAS SESIONS.

ESTE É O CALENDARIO DA VINDEIRA SEMANA
 
 
RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE fapasraquelcamacho@gmail.com  
ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A  SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM 

miércoles, 20 de mayo de 2020

RETO 26: 20 DE MAIO DO 2020

Reto mente en forma: Adiviña adiviña

Ola familia Hoxe teredes que demostrar a rapidez mental que tedes. Propoñémosvos unha serie de adiviñas moi fáciles!! Podedes deixar a resposta nos comentarios do blogue. Adiante!! - Unha cousa para quen sempre chove e sempre está mollada -Levo a miña casa ao ombreiro, camiño sen unha pata e vou deixando a miña pegada, cun hiliño de prata. Quen son? -Teño agullas pero non sei coser, teño números pero non sei ler, as horas douche, Sabes quen son? -Cabeza de ferro, corpo de madeira, se che piso un dedo, miúdo berro pegas! Que é? -A miña picadura é daniña, o meu corpo insignificante, pero o néctar que eu dou, comédesvolo ao instante. Que é?

Reto copo en forma: Pisando sombras
Estes días que fai tan bo propoñémosvos un xogo para que fagades coa persoa que baixa convosco a dar o paseo.... Busca a túa sombra ou busca a sombra do teu acompañante. Quen pisa primeiro a sombra da outra persoa?
Gozar do bo tempo!!!
Grazas amigos do Raquel Camacho


martes, 19 de mayo de 2020

CLASIFICACIÓN XERAL: CASE 35.000 ANTIVIRUS

LEVAMOS OITO SEMANAS DE XOGO E CASE 35.000 PUNTOS ACADADOS ENTRE OS 27 CENTROS PARTICIPANTES. SEREMOS CAPACES DE CHEGAR ESTA SEMANA AOS 40.000 PUNTOS?

NON É DOADO, PERO XUNTOS SEGURO QUE PODEMOS.
ÁNIMO!!!

lunes, 18 de mayo de 2020

XOGO EN CASA: NOVA SEMANA, NOVAS PROPOSTAS.

 
CONTINUAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE.
MOITAS GRAZAS POLA BOA ACOLLIDA DAS SESIÓNS DA SEMANA PASADA.

VOS PROPOÑEMOS MÁIS ACTIVIDADES DIVERTIDAS PARA FACER EN CASA. AHÍ VAI O CALENDARIO PARA ESTA SEMANA.


RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE fapasraquelcamacho@gmail.com  
ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A  SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM

RETO 25: 18 de Maio do 2020

Mente en forma: Ovo Saltarín

Só necesitas tres elementos para facer ciencia cun ovo e que os nenos queden sorprendidos. Toma un tarro de cristal con tapa, introduce un ovo e rechea ⅔ do frasco con vinagre de viño branco.
Tapa e espera 48 horas. Pasado este tempo o ovo adquiriría unha tonalidade alaranxada e xa non romperá.
Isto sucede porque a casca de ovo está composta de carbonato de calcio que se disolve no vinagre. No seu lugar créase unha capa grosa e resistente.
 

Corpo en forma: Cordas no pasillo

Atravesa cordas (ou cintas, ou o que teñades) dunha parede a outra, pegándoas con cinta adhesiva.
En casa teño un par de bestas pardas de 6 e 3 anos e aguantaron varias horas, sorprendentemente. Ata eu animeime a facelo varias veces (non tiña máis remedio, o corredor está no medio da casa, polo que sexa) e foi moi divertido.
Volveremos poñer cada pouco. Merece a pena.

domingo, 17 de mayo de 2020

Reencontro Nº 6

Familias, 

O reencontro Nº 6, que tanto esta gustando entre algúns nenos e nenas, terá lugar o:

MARTES 19 DE MAIO AS 17 :00 H.

ESPERÁMOSVOS !!!!


Como sempre desde

Desta vez xogaremos a unhas rondas de xogos metáis, e necesitaredes dun papel e un lapiz. 

viernes, 15 de mayo de 2020

RETO 24: 15 DE MAIO DO 2020

MENTE EN FORMA: A VOAR!!

No reto de hoxe ímosvos a explicar como facer un avión de papel. Apetécevos?

Ante de comezar necesitaredes os seguintes materiais:

1- Folla de papel 2- Rotuladores para pintalo. 3- Calquera cousa que se che ocorra para decoralo

Seguide os pasos que marca o vídeo e conseguirédelo seguro. Ti podes!!




CORPO EN FORMA: APETÉCEVOS BOTAR UNS BAILES?

Para o reto de hoxe só necesitamos moitas ganas de pasalo ben.

No seguinte vídeo móstrovos unha coreografía, a ver que tal vos sae. Ánimo!







LEMBRA: Acórdate de enviar a túa foto ou video a fapasraquelcamacho@gmail.com
foto= 1 punto video= 10 puntos
Se estás interesado en que se publique  a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización da imaxe na seguinte ligazón:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

jueves, 14 de mayo de 2020

Contacontos

 
Hoxe vos queremos deixar una actividade que organizan os nosos compañeiros de colexio Salgado Torres no que calqueira que lle interese pode participar mandando un correo o seu centro para que vos digan como participar nesta linda actividade .

miércoles, 13 de mayo de 2020

RETO 23: 13 DE MAIO 2020

Reto mente e corpo en forma: O ratonciño dous en un. 

Ola nenas e nenos do Raquel Camacho. O reto de hoxe é moi sinxelo. En primeiro lugar teremos que facernos cunha Caixa de cartón e debuxar nela un ratonciño, e recortar o nariz (sempre coa axuda dun adulto). Como na seguinte foto:


O seguinte que temos que facer é poñernos a xogar, intentando encestar unha boliña de papel, pelotiña ou outro obxecto redondo (que previamente faremos ou buscaremos) no nariz do ratonciño. Esto o faremos con moita concentración e equilibrio pois non e tan doado e teremos que poñer todos os nosos sentidos a funcionar. No seguinte video poderemos ver cómo se fai. 




Se xa o tendes controlado, aumentaremos a dificultad, añadindo máis pelotiña e facendoo de outro modo, aquí algunhas propostas:

- a pata quebrada.
- cun libro na cabeza. 
- Camiñando pola casa. 
- Outras formas que se vos ocorran. 

DISFRUTADE DO XOGO

martes, 12 de mayo de 2020

Auroras boreais


Ola nenos e nenas, 

Xa que na actualidade, vainos ser imposible facer longas viaxes, para o día de hoxe animamosvos a que entredes no seguinte enlace e vexades as preciosas Auroras Boreais que só podemos ver nos ceos dos países máis o Norte do planeta:

https://explore.org/livecams/aurora-borealis-northern-lights/northern-lights-cam

Esperamos que disfrutedes moito de este espectacular fenómeno celeste. 

lunes, 11 de mayo de 2020

Reencontro Nº5

Hola de novo familias, 

Informamos que o próximo reencontro sera o:

MERCORES 13 DE MAIO as 17:00 H. 

Esperamosvos en ZOOM

XOGOS EN CASA

ESTA SEMANA IOGA, BAILE E CONTOS


ESTA SEMANA COMEZAMOS COA DIVERSIÓN 

ON-LINE CON ACTIVIDADES COMO IOGA,

BAILE MODERNO, ESTIRAMENTOS, 

CONTACONTOS, PSICOMOTRICIDADE, ..., 
E MOITAS MÁIS.

ESTE É O CALENDARIO DE ACTIVIDADES 
PARA FACER DESDE CASA.





RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO 
UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO 
DESTE BLOGUE: 

fapasraquelcamacho@gmail.com


ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL 
PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A  
SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN 
DE ZOOM.

CLASIFICACIÓN XERAL: MÁIS 30.000 ANTIVIRUS

INICIAMOS A SEMANA COA BARREIRA DOS 30.000 PUNTOS SUPERADA NESTE XOGO NO QUE TODOS OS COLEXIOS APORTAN O SEU GRAO DE AREA.
SEREMOS CAPACES DE CHEGAR AOS 50.000 PUNTOS AO FINAL DO XOGO? NON É DOADO, PERO ENTRE TODOS COIDO QUE O CONSEGUIREMOS.
MOITO ÁNIMO
 

RETO : 11 DE ABRIL DO 2020

Reto mente  en forma: Sudoku!!!

Ola familia!! O reto deste luns de mente en forma é ben sinxelo, propoñémosvos que resolvedes estes sudokus !!
Podedes deixar a resposta na propia páxina na parte de comentarios.

Animarvos!!




















Reto corpo en forma: Baldoseando!!

Agora que podemos saír á rúa para xogar un intre vos propoñemos un xogo moi divertido, seredes capaces de ir pola rúa pisando soamente unha baldosa e a pata coxa?? Demostrádeo!! Mandade foto ou vídeo e así teremos máis puntiños.
Grazas nenas e nenos do Raquel Camacho!!



Lembrade: foto 1 punto, video 10 puntos
 

sábado, 9 de mayo de 2020

Recomendación películas día sab.9

Medio día

14:45- Superman  Canal TRECE


 Un científico de Krypton descobre que o seu mundo está condenado á destrución. Para salvar ao seu fillo, envíao nunha nave espacial á Terra. O neno converterase en Clark Kent. A película baséase nos cómics de Jerry Siegel e Joe Shuster, e os produtores xa tiñan tan dixerido o éxito que tería a proposta, que na rodaxe desta primeira xa se escribiron e, mesmo, rodaron escenas da segunda parte. Ao final, este material non se aproveitou porque o director da que nos ocupa, Richard Donner (''Arma letal''), foi substituído en ''Superman II'' e o novo cineasta volveu filmar todo o que xa se gravou. Para o papel de Superman pensouse en actores como Robert Redford ou Burt Reynolds, pero acabouse contando cun entón descoñecido Christopher Reeve, que se converteu nunha estrela da noite para a mañá. Reeve compartiu cartel cunha repartición de luxo, formado por Gene Hackman, Glenn Ford ou Marlon Brando. Unha curiosidade: de entre todas as actrices que se pelexaron polo papel de Lois Lane, Margot Kidder conseguiuno porque foi a única que atopou graciosa a frase do guión: ''E de que cor levo a roupa interior?''.

13:05-Cruzadas: Atrapado en el tiempo. Canal Paramont Chanel
   Dolf é un mozo de 15 anos que xoga nun equipo de fútbol. Despois dunha derrota especialmente humillante, volve a casa e decide utilizar a máquina do tempo da súa nai para tratar de cambiar o resultado do partido. Pero algo non vai ben e aparece no ano 1212. Nunha época na que o cinema de fantasía estaba de moda, grazas a grandes éxitos de despacho de billetes como as entregas de Harry Potter ou ''Crepúsculo'', apareceu esta cinta chea de imaxinación e aventuras, baseada na primeira parte da novela xuvenil ''Cruzada en Jeans'', de Thea Beckman. O encargado deste proxecto foi o neerlandés Ben Sombogaart, quen xa se gañou un nome internacionalmente co filme ''Xemelgas'', o cal recibiu un nomeamento ao Óscar na categoría de mellor película de fala non inglesa. Á fronte da repartición está Joe Flynn, un actor e músico británico que conseguiu con ''Cruzadas: atrapado ao pasado'' o primeiro rol protagonista no cinema. Acompáñanlle actores máis veteranos do celuloide como Emily Watson (''As cinzas de Angela'') ou Benno Fürmann (''Bo nadal'').
 
15:30-Superman  Returns. Canal LaSexta
  Fai anos que Superman desapareceu e a taxa de criminalidade na Terra aumentou. Lex Luthor aproveita para iniciar un dos seus maléficos plans. O mundo necesita ao heroe máis que nunca. Tras o fracaso de ''Superman IV'' en 1987, a saga que empezou Richard Donner en 1978 pechou a súa produción de secuelas. Tras décadas de retiro, Bryan Singer decidiu resucitar ao superheroe ao grande. O cineasta, quen xa se relacionou con personaxes de cómics dirixindo as dúas primeiras partes de ''X- Men'', situou a acción no presente, cunha Terra orfa do justiciero. Tras barallarse moitos sucesores do falecido Christopher Reeve, o papel recaeu finalmente no modelo Brandon Routh, todo un descoñecido do celuloide naquel entón. O mozo tivo o reto de enfrontarse a un antagonista de renome, pois Lex Luthor foi interpretado por Kevin Spacey, quen xa encarnara a viláns en ''Sospeitosos habituais'' e ''Se7en''. Como curiosidade, non só Singer levou ao seu equipo de ''X- Men 2'' a esta secuela, senón que tamén contou con James Marsden, quen encarnou a Ciclope na mencionada saga sobre a patrulla X.
 
15:40- Alvin y las ardillas. Canal Disney
 
15:40-Doraemon: Odisea en el Espacio- Canal Boing
 Nobita e os seus amigos divírtense co Star Crush, un xogo que lles permite facer batallas no espazo. Cando deciden deixar de xogar e volver á Terra, Nobita, Doraemon e Shizuka descobren que Xigante e Suneo quedáronse atrapados dentro do xogo.
 
Tarde
 
17:30- Seperman II. Canal TRECE
Tres criminais procedentes do desaparecido planeta Krypton conseguen liberarse e escapar da súa condena. A súa misión será baixar ao planeta Terra para terminar co único sobrevivente de Krypton: un home chamado Clark Kent que utiliza os seus poderes para facer o ben. Os malvados delincuentes enfrontaranse a el nunha batalla cósmica pola supremacía do planeta. Primeira secuela da saga protagonizada polo heroe de cómic Superman (creado polos escritores Jerry Siegel e Joe Shuster), do cal xa se fixo a versión televisiva e cuxa primeira incursión no cinema arrasou en despacho de billetes. O director Richard Donner foi substituído por Richard Lester (''Que noite a daquel día'') e Christopher Reeve repetiu o papel que lle levou á fama da noite para a mañá na primeira entrega. A fórmula volveu funcionar en despacho de billetes provocando que a saga se alongase.
 
17:45- La ladrona de libros. Canal Cuatro
 Mergullada nos horrores da Segunda Guerra Mundial, a moza Liesel atopa consolo roubando libros e compartindo as súas historias coas persoas que a rodean. Adaptación da novela homónima de Markus Zusak que narra desde o punto de vista da morte a historia de Liesel, unha nena adoptada por unha familia alemá nos anos anteriores á chegada de Hitler ao poder. A película está escrita e dirixida por Brian Percival ('' About a Girl''), quen debutou coa súa primeira produción en Hollywood. Sophie Nélisse (''Profesor Lazhar''), Emily Watson (''Rompendo as ondas'') e Geoffrey Rush, coñecido polo seu papel de Capitán Barbossa en ''Piratas do Caribe. A maldición da Perla Negra'', encabezan o trío protagonista. A crítica catalogou as interpretacións de Rush e Watson como unha das máis sólidas e memorables das súas respectivas carreiras. Con todo, a maior parte dos premios levoullos Nélisse, considerada en 2013 como unha das mellores actrices xuvenís liderando o papel principal da cinta.
 
Noche
 
21:10-Los Descendientes. Canal Disney

 
21:15-Una familia feliz. Canal Clan
 A familia Wishbone non é o que se di unha familia feliz. A librería da nai, Emma, está na bancarrota; o pai, Frank, traballa demasiado e o seu xefe é un tirano; a filla adolescente, Fay, dominada por unhas neuronas en ebulición, non sabe que facer coa súa vida, e o fillo pequeno, Max, é un xenio matemático que sofre acoso escolar. Por iso, Emma decidiu organizar unha noite especial: ir a unha festa de disfraces. Pero as cousas non saen como esperaban e, aínda por riba de males, a bruxa chamada Baba Yaga, enfeitiza aos Wishbone.
 
21.15-Looney Tunes de nuevo en acción. Canal Boing
O pato Lucas abandona Hollywood cansado de que Bugs Bunny sexa a estrela do seu estudo. Únese a DJ, un especialista de cinema que, do mesmo xeito que el, foi recentemente despedido, e embárcanse xuntos nunha infinidade de aventuras
 
21:10- Los Descendientes III: Camino a Auradon. Canal Disney Channel
Mal, Evie, Ben e Uma volven converterse nos protagonistas xa que un novo vilán axexa Auradon
 
 

 

viernes, 8 de mayo de 2020

Reencontro Nº4

Ola nenos e neas

En primeiro lugar queremos dar os as gracias por a emoción o entusiasmo e a acollida que nos dades en cada encontro e que gracias a vos podemos seguir con este proxecto. Por iso o próximo reencontro, terá lugar:

O LUNS 11 AS 17:00 H.

Animadevos a participar, pasarémolo moi ben. E recordade que so tendes que ter descargada a App 


Reto 21 : 8 de Maio do 2020

Mente en forma: Contesta con unha sóa palabra

Hoxe propoñémosvos un reto moi sinxelo, nesta sopa de letras escríbenos nos comentarios da publicación a primeira palabra que atopes, a miña primeira palabra que atopei foi : AMOR.
cal é a vosa?

Corpo en forma: equilibrio
 
Neste seguinte reto imos retar a que nos envíes unha foto ou vídeo a fapasraquelcamacho@gmail.com facendo unha postura de equilibrio como este mozo , con papel hixiénico ou un libro , para complicalo mais e sumará mais puntos reta á túa mamá papá ou algún familiar da casa, conseguirédelo ???

jueves, 7 de mayo de 2020

Feito un cadro

Ola xentiña,

Para o día de hoxe vos traemos unha proposta moi divertida. Quéredes convertiros en personaxes de cadros? No seguinte enlace podedes: https://ai-art.tokyo/en/#/

Animadevos a facelo e poderedes probar e estar en diferentes cadros. ¿En cal estades millor? Aqui tendes a miña.


miércoles, 6 de mayo de 2020

RETO 20: 6 DE Mayo de 2020

Mente en forma: experimentos con globos 🎈🎈🎈


Neste reto propoñemos qué os fagades cun par de globos para facer varios experimentos. O primeiro que teredes que facer é inflalos. A continuación explicaremos en qué consisten os experimentos: 

Electricidade estática: frotaremos o globo cunha tela de lá ou algodón e a continuación o levamos o pelo, ¿Qué ocorre con este?, Tamén o acercaremos a uns trociños de papel ¿qué sucede? 


                             

                           

Tensión interna: cun palillo de Madeira pinchamos o globo pola parte mais grosa (no cu e na boquilla) ¿Explota o globo? Un truquiño, hinchade poco o globo e pinchado con moito coidadiño



Corpo en forma: deportes con globos 🎈🎈🎈


Neste segundo reto, vos propoñemos simplemente DIVERSIÓN. ¿Gustanvos o Voleybol ou o Tenis? Pois vos animamos a xogar cos globos e con obxetos que atopedes pola casa.


Voleybol: poñendo duas sillas e unha corda amarrada a cada unha delas facendo de rede. O seguinte é poñerse a xogar co globo pasandoo dun campo a outro soamente coas man's e evitando que caia o chan. 

Badminton: coa misma a rede xogamos o badminton, usando como raquetas dous platos de plástico pegados a dous paos u paxiñas de beber, ou algo similar que atopedes na casa. Podemos comezar a pasar o globo sempre dándolle coa "raqueta" e evitando que caia o Chan. 




martes, 5 de mayo de 2020

Conto do Oso Goloso

 Olaaa!! hoxe querémosvos deixar un pequeño conto dun oso que nos gustou moito, da autora Carmen Esteban psicóloga infantil.
Esperemos que vos guste moito.

 
Pincha no seguinte enlace para entrar e leer o conto: https://drive.google.com/open?id=16OcRyGkf6wINlewCXRajamWhsl45gBR7

lunes, 4 de mayo de 2020

CLASIFICACIÓN XERAL

Tras un pequeno descenso a semana pasada, parece que esta semana de paseos vos animou a seguir participando e, entre todos, sumar más puntos.
Seguide así...pronto haberá más formas de gañar puntos para o teu colexio.

Estade moi atentos ao blog. :-)

Reencontro Nº3

Ola familias,

Informamos de que o próximo reencontro, terá lugar:


MAÑA, MARTES 5 AS 17:00 H.

Animadevos a participar, pasarémolo moi ben. E recordade que so tendes que ter descargada a App 


RETO 19: 4 DE MAYO DO 2020

MENTE EN FORMA: APETÉCEVOS XOGAR AO PASAPALABRA? 

Ao longo dos anos de cole, fostes a diferentes actividades extraescolares e estamos seguras de que aprendestes moitas cousas, polo tanto, agora é o momento de demostralo. A continuación tedes un rosco que creamos para que poidades ir poñendo a resposta que creades que corresponde á pregunta e á letra que toca (xa sea que empeza por esa letra ou que a conteña). Esperemos que vos guste e estamos seguras de que volas saberedes TODAS!! 

PASALABRA DAS EXTRAESCOLARES (pincha aquí)




CORPO EN FORMA: POÑEMOS Ó VIRUS A RAIA? 


Para o reto de hoxe necesitamos 1 folla de periódico e unha pelota.

No seguinte vídeo móstrovolo. Serás capaz de facelo sen que che caia? Ánimo!







sábado, 2 de mayo de 2020

SESIÓN DE CINE

Boas nenos e nenas, 

Que tal estades? O descofinamento xa esta rematando, moito ANIMO porque xa queda pouquiño. Pero para hoxe e para que pasedes un ratiño divertido de emoción e de aventuras, e de chorros porque non querredes que termine, recomendamosvos esta película.


OS GOONIES




A continuacion deixamos o trailer: