lunes, 18 de mayo de 2020

XOGO EN CASA: NOVA SEMANA, NOVAS PROPOSTAS.

 
CONTINUAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE.
MOITAS GRAZAS POLA BOA ACOLLIDA DAS SESIÓNS DA SEMANA PASADA.

VOS PROPOÑEMOS MÁIS ACTIVIDADES DIVERTIDAS PARA FACER EN CASA. AHÍ VAI O CALENDARIO PARA ESTA SEMANA.


RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE fapasraquelcamacho@gmail.com  
ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A  SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM

RETO 25: 18 de Maio do 2020

Mente en forma: Ovo Saltarín

Só necesitas tres elementos para facer ciencia cun ovo e que os nenos queden sorprendidos. Toma un tarro de cristal con tapa, introduce un ovo e rechea ⅔ do frasco con vinagre de viño branco.
Tapa e espera 48 horas. Pasado este tempo o ovo adquiriría unha tonalidade alaranxada e xa non romperá.
Isto sucede porque a casca de ovo está composta de carbonato de calcio que se disolve no vinagre. No seu lugar créase unha capa grosa e resistente.
 

Corpo en forma: Cordas no pasillo

Atravesa cordas (ou cintas, ou o que teñades) dunha parede a outra, pegándoas con cinta adhesiva.
En casa teño un par de bestas pardas de 6 e 3 anos e aguantaron varias horas, sorprendentemente. Ata eu animeime a facelo varias veces (non tiña máis remedio, o corredor está no medio da casa, polo que sexa) e foi moi divertido.
Volveremos poñer cada pouco. Merece a pena.

domingo, 17 de mayo de 2020

Reencontro Nº 6

Familias, 

O reencontro Nº 6, que tanto esta gustando entre algúns nenos e nenas, terá lugar o:

MARTES 19 DE MAIO AS 17 :00 H.

ESPERÁMOSVOS !!!!


Como sempre desde

Desta vez xogaremos a unhas rondas de xogos metáis, e necesitaredes dun papel e un lapiz. 

viernes, 15 de mayo de 2020

RETO 24: 15 DE MAIO DO 2020

MENTE EN FORMA: A VOAR!!

No reto de hoxe ímosvos a explicar como facer un avión de papel. Apetécevos?

Ante de comezar necesitaredes os seguintes materiais:

1- Folla de papel 2- Rotuladores para pintalo. 3- Calquera cousa que se che ocorra para decoralo

Seguide os pasos que marca o vídeo e conseguirédelo seguro. Ti podes!!




CORPO EN FORMA: APETÉCEVOS BOTAR UNS BAILES?

Para o reto de hoxe só necesitamos moitas ganas de pasalo ben.

No seguinte vídeo móstrovos unha coreografía, a ver que tal vos sae. Ánimo!







LEMBRA: Acórdate de enviar a túa foto ou video a fapasraquelcamacho@gmail.com
foto= 1 punto video= 10 puntos
Se estás interesado en que se publique  a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización da imaxe na seguinte ligazón:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

jueves, 14 de mayo de 2020

Contacontos

 
Hoxe vos queremos deixar una actividade que organizan os nosos compañeiros de colexio Salgado Torres no que calqueira que lle interese pode participar mandando un correo o seu centro para que vos digan como participar nesta linda actividade .

miércoles, 13 de mayo de 2020

RETO 23: 13 DE MAIO 2020

Reto mente e corpo en forma: O ratonciño dous en un. 

Ola nenas e nenos do Raquel Camacho. O reto de hoxe é moi sinxelo. En primeiro lugar teremos que facernos cunha Caixa de cartón e debuxar nela un ratonciño, e recortar o nariz (sempre coa axuda dun adulto). Como na seguinte foto:


O seguinte que temos que facer é poñernos a xogar, intentando encestar unha boliña de papel, pelotiña ou outro obxecto redondo (que previamente faremos ou buscaremos) no nariz do ratonciño. Esto o faremos con moita concentración e equilibrio pois non e tan doado e teremos que poñer todos os nosos sentidos a funcionar. No seguinte video poderemos ver cómo se fai. 




Se xa o tendes controlado, aumentaremos a dificultad, añadindo máis pelotiña e facendoo de outro modo, aquí algunhas propostas:

- a pata quebrada.
- cun libro na cabeza. 
- Camiñando pola casa. 
- Outras formas que se vos ocorran. 

DISFRUTADE DO XOGO

martes, 12 de mayo de 2020

Auroras boreais


Ola nenos e nenas, 

Xa que na actualidade, vainos ser imposible facer longas viaxes, para o día de hoxe animamosvos a que entredes no seguinte enlace e vexades as preciosas Auroras Boreais que só podemos ver nos ceos dos países máis o Norte do planeta:

https://explore.org/livecams/aurora-borealis-northern-lights/northern-lights-cam

Esperamos que disfrutedes moito de este espectacular fenómeno celeste.