jueves, 30 de abril de 2020

Contacontos


Ola familia 


Esperamos que esteades todos ben e que aproveitedes moito dos ratiños que podedes pasar na rúa, sempre seguindo as indicacións que vos dean os vosos papas e mamas. 


Aquí deixámosvos a ligazón dun vídeo de Erica Gonzalez , unha marabillosa conta contos, que vos alegrará o día seguro!! A súa canle de Youtube chámase "De tal conto tal acha", e o conto que nos conta Erica é "Hugo e o dragón  da noite".



miércoles, 29 de abril de 2020

REENCONTRO Nº2

Boas familias, 

Debido a boa acollida e a ilusión, sobre todo de parte dos nen@s, que tivo o primeiro reencontro, propoñemos o segundo reencontro para:

Maña, Xoves 30 de Abril as 17:00 H. 

Esperamovos coa mesma emoción coa que nos acollestes. E esperamos que pasedes un ratiño moi agradable.


VEMONOS EN


RETO 17: 29 de Abril del 2020

Mente en forma: Adiviña , que é ?

Para este novo reto propoñémosvos algo diferente, imos poñer unha serie de adiviñas cuxas respostas nos podeis deixar como comentarios neste blogue, ao final do reto aparece un recadro onde nos podedes escribir as respostas e darémosvos as solucións á resolución do reto.

Vos animades a este novo reto ??

Para ser máis elegante
non usa luva nin chaqué,
só cambia nun instante
por unha "efe" a " ge".         Solución: --------


Ouro parece
e prata non é,
 e non o adiviñas
de aquí a un mes                    Solución: -------


Solución: -------
 
A que letra consigues llegar ??
 
 Solución:-
Palabra de 6 letras
Pista 1: Prenda de ropa
Pista 2: Empieza por C
  Solución: ------
 
Corpo en forma: Agora que podedes saír
 
Agora que podemos saír á rúa nunha horiña temos máis oportunidades para facer exercicio, xogar, saltar á corda, montar en patinete.
Retámosvos a que nos mandedes un vídeo ou foto dalgún exercicio que vos vaiades a facer cando saíades á rúa.
 
     
 
Lembrade: foto 1 punto, video 10 puntos
 
 






martes, 28 de abril de 2020

Ola familia!!
Hoxe realizamos a nosa primeira chamada coa aplicación Zoom, e foi TODO UN ÉXITO!!
Moitas grazas a todas as familias participantes!!!Estamos a desexar facer a próxima, e esperamos que vos apuntedes máis!!!

Más de un mes con Xaque ao Virus

Para festexar que xa levamos máis dun mes co blog aberto e con este xogo  xaque ao virus , queremos celebralo mostrando un divertido cómic creado por Julio Zanfaño:

Esperemos que vos guste !!!!!

lunes, 27 de abril de 2020

CLASIFICACIÓN XERAL

Estreamos semana de paseos. Pero hai tempo para facer os retos e seguir sumando puntos para o vosotros colegio. Moito ánimo.

RETO 16: 27 De ABRIL DE 2020

Ola familias,

Como xa comprobariades, onte foi un día moi moi especial, pois puidemos saír a pasear a rúa durante unha hora, despois de 40 días aproximadamente, encerrados na casa. Esperamos que disfrutarádes moitisimo. No día de hoxe podedes volver a saír, pero para que non so paseedes, vos propoñemos os seguintes retos:

Mente en forma: Veo veo - as diferenzas


Xa que de camiño a casa ou no paseo, debemos ir das mans da persona coa que vaiamos, poderiamos ir xogando a un xogo do máis clásico, o veo veo, aquí poderemos descubrir cousas novas que non estaban antes do confinamento ou recordando as que xa estaban. Tamén podemos xogar as diferenzas, para descubrir todo aquelo que cambiou nestés días.


Corpo en forma: Equilibrios na rúa 



Durante o paseo e para ir entretidos, podemos xogar a facer equilibrios, por exemplo: 

  • Podemos dar o paseo segindo unha línea e sen saírnos dunha corda invisible. 


  • Camiñar pola rúa sen pisar as líneas das aceras ou sen pisar as líneas brancas dos pasos de peóns. 


  • "O Chan é lava" cando o adulto que nos acompaña diga esta frase, deberemos buscar un sitio non moi elevado, dar un chimpo e subir ata el, ou buscar unha alcantarilla e poñernos enriba. Recordade qué é importante non tocar nada. 



Esperamos que disfrutedes moito desta volta a liberdade, pero sempre e a partir de ágora cumplindo con todas as medidas de precaución, e que a continuación volas poñemos.


domingo, 26 de abril de 2020

Reencontro Nº1

Bos días familias, 

Debido as vosas respostas no correo electrónico interesándovos polos reencontros, programamos este primero para o día:

Martes 28 de Abril as 17:00 H.

Para iso, tendes que ter descargada a aplicación Zoom. O día da reunión chegaravos un correo electrónico co enlace, o ID e a contraseña para poder acceder a mesma.

Calquera duda podedes consultar no correo electrónico seguinte: fapasraquelcamacho@gmail.com


¡MOITISIMAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!




sábado, 25 de abril de 2020

Realidade Aumentada









Bos días nenos e nenas, 

para o día de hoxe traemosvos unha actividade moi divertida, trátase da realidade aumentada (é unha tecnoloxía que permite combinar o mundo real co virtual, en tempo real e en 3D, a través dun móvil, unha tablet ou calquera dispositivo tecnolóxico).

Para elo imos necesitar imprimir algúns debuxos do seguinte enlace "Cerebrito Libro Colorear Mundo Submarino":


Neste documento, indicase todos os pasos a seguir para poder disfrutar da Realidade Aumentada, é imprescindible descargar a seguinte APP no móvil ou tablet: Cerebrito color: Mundo submarino. 

Unha vez instalada hai que iniciala e clicar no  botón «xogar». A continuacion segue los seguintes pasos:
  1. Enfoca co móvil ou tablet o debuxo coloreado e verás aparecer o animal.
  2. A primeira vez aparecerá totalmente blanco, pulsa sobre borrar para que desapareza.
  3. Para que o pez saia coas túas cores enfoca ben o móvil e pulsa sobre Color. Verás cómo aparece o deseño en 3D. 

A continuación deixamos outro enlace que explica esta bonita e divertida actividade, e podese ver un video. 


viernes, 24 de abril de 2020

RETO 15: 24 DE ABRIL DO 2020

MENTE EN FORMA: PARA QUE NON SE NOS VAIA A PINZA!!

No día de hoxe preséntovos unha manualidade moi chula. Seguro que todos en casa axudades a tender a roupa e polo tanto teredes pinzas. Pois iso é o que necesitaredes para a manualidade, o resto déixoo nas vosas mans. Aquí como vedes póñovos un exemplo no que se usan para facer animais pero podedes escoller calquera cousa e utilizar distintos tipos de materiais (papel, cores, pegamento, fío, etc). Tamén podedes buscarlle outro tipo de utilidade cando a teñades rematada (clip para suxeitar papeis, para pechar bolsas, se lle poñedes un imán servirán de adorno para colgar na túa neveira...). Espero que vos guste!!




CORPO EN FORMA: POÑEMOS Ó VIRUS A RAIA? 


Para o seguinte reto necesitamos 6 camisetas (3 de cada cor), varios obxectos que teñades para facer o campo e a escaleira. E o máis importante, necesitaredes un axudante.
Apetécevos xogar ao 3 en raia? Non seguinte vídeo móstrovolo. Quen gañará?











ÁNIMO, TI PODES!! Esperamos os teus videos.

LEMBRA: Acórdate de enviar a túa foto ou video a fapasraquelcamacho@gmail.com
foto= 1 punto video= 10 puntos
Se estás interesado en que se publique  a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización da imaxe na seguinte ligazón:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

jueves, 23 de abril de 2020

O DÍA DO LIBRO




1ª RECOMENDACIÓN









En 1916 naceu o escritor galésRoald  Dahl, coñecido por ser o autor de libros tan importantes como Matilda, Charlie e a fábrica de chocolate, As bruxas ou James e o pexego xigante. 

Roald  Dahl tivo unha vida apaixonante, con 18 anos fíxose explorador, loitou na segunda guerra mundial, sendo piloto, e sobreviviu a un accidente de avión na devandita guerra. Empezou a escribir sendo moi novo, e grazas aos seus libros marabillosos podemos transportarnos a unha incrible fábrica de chocolate, á mente prodixiosa de Matilda ou a un congreso mundial de bruxas do mundo.




Nada mellor que celebrar o día do libro que aventurándose en calquera dos libros xa mencionados, porque como dixo Emily Dickindon “para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro”.




2ª RECOMENDACIÓN 


Para seguir celebrando o día do libro, a continuación deixovos un video cunha pequena lectura dun dos contos favoritos do meu cativo. Cada vez que o lemos disfruta moitisimo. Espero que a vos tamen vos guste. O contó chamase "Árbores no camiño" de Regine Raymond García e Vanina Stark off. 






3ª RECOMENDACIÓN

Como hoxe é o día das letras galegas imos deixar unha manualidade moi divertida fácil e entretida para os vosos libros. É un marcapáxinas origami que se pode facer seguindo uns pasos moi sinxelos. Os materiais que imos usar son os seguintes:
Un cacho de papel de 14 cm de ancho por 21 cm de longo.
1 pegamento
1 rotulador
Para visualizar como se fan estes marcapáxinas origami pinta na imaxe:

 
 
Estes son os meus marcapáxinas origami que realicei , vos animais??,
Espero que nos mostredes os vosos.

 
 
 

miércoles, 22 de abril de 2020

Reencontros

Queridas familias:

Como xa sabedes estamos a vivir un momento de Emerxencia Sanitaria que nos obriga a quedar na casa. Xa llevamos case dous meses de encerro, así que ágora presentamosvos a seguinte proposta. Trátase dunha actividade totalmente diferente as xa vistas. Trátase dun reencontró entre todos os nenos e nenas do Ceip Raquel Camacho a través dunha videochamada, na que poderedes veros, falar, rir e ademáis propoñer ideas/retos/actividades... para facer no momento.

Para poder realizar esta videochamada tan so teredes que descargar no teléfono/tablet/ordenador a seguinte App.

E de de ahí vernos e pasar un Boisimo rato.

Pero antes diso, necesitamos saber se queredes participar e de qué modo, por iso se quéredes participar facedenolo saber mandando un correo a seguinte dirección, dicindo os horarios no que poderiades facer a actividade...

fapasraquelcamacho@gmail.com 


A continuación vos mandaremos o ID e o contrasinal. 

Animadevos, pasaremos un rato moi divertido. 





RETO14: 22 DE ABRIL DO 2020

Reto mente en forma: Súper heroes!


Ola familia!!
Sabemos que o confinamento está sendo duro. Son moitos días en casa sen poder saír e ver aos amigos. Pero estades a demostrar ser uns auténticos heroes. Gracias nenos por tanto!!

O reto de hoxe é fácil, transformádevos en súperheroes!!

Para iso podedes utilizar calquera cousa que teñades por casa, por exemplo, unha bolsa de lixo de capa, un escurridor  como casco... despois podedes elixir os súper poderes que tedes para combater o virus!





Reto corpo en forma: o ovo e a culler

Este xogo adóitase realizar cun ovo, pero para evitar accidentes farémolo cunha bóla de pape de aluminio. Poñemos a culler coa bóla de aluminio na boca e temos que dar trinta pasos sen que se nos caia a bóla. Moita sorte!!

martes, 21 de abril de 2020

Viaxemos dende o sofá

Ola amigos Propoñémosvos un plan increíble!!! Fagamos unha viaxe alucinante sen movernos de casa!! A continuación deixámosvos unha ligazón para que fagades unha visita virtual pola Catedral de Santiago e as súas catro marabillosas prazas.

https://www.turismo.gal/fotos/IMAGENES/FLASH/ARQUITECTURARELIGIOSANP/vtour_santiago/index.html Despois desta visita poderemos desprazarnos ata o Museo de Historia Natural Smithsonian de Washington DC. Aquí deixámosvos a ligazón.

https://naturalhistory.si.edu/visit/virtual-tour Gozar da viaxe e coidarvos moito!!

lunes, 20 de abril de 2020

CLASIFICACIÓN XERAL

Un mes de retos...un mes cheo de respostas de menos e nenas. Xa estamos preto dos 20.000 puntos. Moito ánimo e grazas por participar.



Podedes ver os puntos de cada centro no apartado CLASIFICACIÓN do blog.

RETO 13: 20 de Abril do 2020

Mente en Forma: Usando materiais reciclados.

 
Esta manualidade é perfecta para facer cos nenos máis pequenos e ensinarlles as estacións. A base é unha árbore que cambiará a follaxe segundo o período do ano que sexa.
Material:
•1 cartolina
•Papel de estraza
•Papel  distintos colorees que teñamos pola casa
•Pegamento
Pasos:
1.Colle o papel   que teñas e enrolalo sobre si mesmo facendo pequenas ramas, pódese usar cartón ou mesmo o cartón dos rolos de papel hixénico.
2.Pon unhas sobre outras para crear o tronco da árbore. Coloca separadas na parte superior para dar forma ás ramas.
3.Pega a árbore do papel  sobre unha cartolina.
4.Utiliza papeles de cores  para facer follas e flores da tonalidade que corresponda a cada unha das estacións do ano. Podes facer follas en tons amarelos, laranxas e marróns para o outono, flocos de papel branco para o inverno, follas verde claro con flores na primavera ou utilizar papel verde máis escuro para o verán.
5.Usa pegamento para pegalas sobre a túa árbore.
 
Estaremos esperando a vósas árbores !!!!!
 
Corpo en Forma: 2 voltas ao corredor con cada animal
 
O pingüín: andaremos como un pingüín cos pés xuntos polo corredor, debemos xuntar os talóns e tentar andar separándoos o menos posible.
 
O elefante: estiramos un brazo diante da cara, pasamos o outro brazo por baixo do estirado e dobramos o cóbado para tentar collernos o nariz, dese xeito o brazo estirado queda suxeito co outro brazo e utilizarémolo de trompa.
 
O tigre: andamos a gatiñas mentres ruximos.
 
O canguro: damos saltos fortes coas dúas pernas.
 
A ranita: damos saltitos pequenos cos pés xuntos.
 
Lembra: 1 punto foto , 10 puntos video !!!!
 

sábado, 18 de abril de 2020

Gústache bailar??!!

Se es   d@s que che gusta bailar e gústache ver vídeos para coller ideas para facer algunha coreografía ou simplemente queres facer algún exercicio físico na casa a través do baile propoñémosche esta canle de Youtube para que mires os vídeos desta nai e a súa filla facendo diversos tipos de coreografías, algunhas moi graciosas e divertidas.

 
 
A min gustoume moito este baile delas da canción de Aitana e Ana Guerra de la canción Lo Malo, deixovos o enlace por si queredes intertar bailar como elas.
 
 
Esperamos que teñades un bo fin de semana e non vos olvidades de facer os RETOS nin de facer exercicio.
Ánimo que queda pouco.
 

viernes, 17 de abril de 2020

RETO 12: 17 de Abril


Mente en forma: circuito mental

Este reto que a continuación propoñemos non é complicado, pero serve para saber cómo funcionan os vosos hemisferios do cerebro...Trátase de que fagades nunhas follas varios circuitos de diferentes cores, que teñan un principio e un final (deixovos varios exemplos de plantillas, tamen podedes imprimilas). Tamén necesitaredes dous tapóns ou botóns, calquer cousa que atopedes pola casa. O que teredes que facer é completar os circuitos cos tapóns o máis rápido posible sen fallar e sen salirse do mesmo. Deixo un vídeo para que vexases o que tendes que facer.
Seredes capaces de completalo?...


              

               




Corpo en forma: Reto Houdini


Harry Houdini é considerado un dos magos máis famosos de todolos tempos. Foi un ilusionista e escapista, facía números de maxia nos que debía escapar ou salvarse dunha situación case imposible. 
Por iso vos propoñemos o seguinte reto, este é un pouco máis complicado que o anterior. O único que necesitades e un pao longo: de escoba, de fregona, de xoguete. A continuación vos acostaredes no chan boca abaixo e poñeredes o pao entre os brazos por detrás, de seguido teredes que intentar levantarvos sen apoiar as mans... Deixovos un vídeo para demostrar cómo se fai 



Lograstes Facelo? Din que os nenos e nenas o conseguen...

jueves, 16 de abril de 2020

CLASIFICACIÓN XERAL

Despois das vacacións de Semana Santa a clasificación xeral é a seguinte:

 
Podedes colsultar as puntuación de todos os retos de cada centro na parte de CLASIFICACIÓN do blog.  

Día da nena e o neno



Nenos e nenas!!!

Onte foi o voso día, o Día Internacional do neno e da nena. Como xa escoitariades, vos estades a comportar como auténticos campións e campionas nesta situación de encerro que nos tocou vivir. Sen protestar, axudando na casa, pasandoo moi ben con que máis quéredes, compartindo momentos con eles e coñecendoos moito máis, animando os adultos cando estamos estresados pola mesma situación e nos vedes tristes ou preocupados.

Así que por todo iso e no día de hoxe, vos dedicamos o seguinte, porque sodes moi moi GRANDES. 



miércoles, 15 de abril de 2020

Resposta Reto 10

Ola familia!!
Aquí tedes a resposta do reto 10!!
Moitísimas grazas por participar, estamos moi contentas!! Conseguimos 11 puntazos